Axudas complementarias a Erasmus+
A Consellería de Educación convoca axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+, para o alumnado das universidades de Galicia que participa en Erasmus Estudos no curso 2023/24. As axudas terán a seguinte contía, en función dos grupos de países determinados no programa Erasmus+: a) De 195 euros/mes para un país de destino do grupo 1: Dinamarca, Finlandia, Irlanda, Islandia, Liechtenstein, Luxemburgo, Noruega e Suecia. b) De 165 euros/mes para un país de destino do grupo 2: Alemaña, Austria, Bélxica, Chipre, Grecia, Francia, Italia, Malta, Países Baixos e Portugal. c) De 125 euros/mes para un país de destino do grupo 3: República de Macedonia do Norte, Bulgaria, Croacia, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Polonia, República Checa, Romanía, Serbia e Turquía. A presentación das solicitudes realizaranse a través do formulario normalizado ED417A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia,