Entradas

Mostrando entradas de enero, 2024

Espazos xove

Imagen
Espazos Xove  Os espazos xoves son lugares onde se ofrecen varios programas e actividades de ocio educativo, como obradoiros, clases de programación, zumba, fotografía, videoxogos, etc... , para os mozos e mozas. En Galicia hai 12 espazos xove repartidos polas 4 provincias galegas. Espazos xove Chantada Estas son algunhas actividades que podemos facer no espazo xove de Chantada.

Móvome

Imagen
 A tarxeta xente nova é a tarxeta de transporte metropolitano de Galicia que che permite realizar viaxes interurbanas gratuitas en toda Galicia  Podena utilizar nenos e nenas de entre 4 a 20 anos. Poderás seguir utilizando a tarxeta con 21 anos ata que se esgote o saldo Como conseguila? Solicita cita nesta páxina:    https://solicitudonline.abanca.com/Tarjetas/gl/

Axudas para a obtención os permisos de conducir para clases B, C, D

Imagen
  Importe das axudas: 400 € para o carné B, 650 e para o Carné C e 1.300 € para o carné D Requisitos das persoas mozas no momento de presentar a solicitude: - Ter feitos os 18 anos , sen prexuízo da idade mínima para a obtención dos permisos de clase C e D, e non ter feitos os 31. - Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano. - Non estar traballando por conta propia nin allea. - Ter aprobado o/os permiso/s de conducir para o/os cales se solicita esta axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2023 e a data de presentación da solicitude. INFORMACIÓN

Concurso Feira do viño de Quiroga 2024

Imagen
Se che gusta debuxar, participa no concurso do deseño do cartel da  Feira do viño de Quiroga 2024.!! Podes gañar 300€.  Tes ata o  16 de febreiro.  Consulta aquí as bases do concurso.

Galiciencia 2024

Imagen
Galiciencia A feira científica promovida polo Parque tecnoloxico de Galicia (Técnopole), abre o prazo para que os centros que esten interesados se inscriban e presenten os seus proxectos; teñen de prazo ata o 18 de marzo para facelo.  Esta ocasión celebrase os días 8, 9 e 10 de maio. A temática elexida, e Mellor, De Madeira, un material que o parque quere promover de forma particular. Premios O primeiro gañador leva 1.000 euros, para financiar a participación na maior feira cientifica a nivel estatal, Exporecerca. O segundo premio recibirá 500 euros, o que lles permitirá asistir a Zientzia Azoka, feira de ciencia que ten lugar todos os anos en Bilbao. O terceiro e último clasificado levará 200 euros, para a compra de material científico ou tecnolóxico para o seu centro.

Bono deporte

Imagen
  Xunta de Galicia convoca o programa Bono deporte para axudar as familias nos gastos derivados da práctica deportiva dos nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos federados ou inscritos no programa Xogade e fomentar, consecuentemente, a práctica do deporte en idade escolar na Comunidade Autónoma. Os bonos estarán dispoñibles na web www.bonodeporte.gal para a súa descarga polas persoas usuarias desde o 8 de xaneiro de 2024 ao 29 de febreiro de 2024 A validez dos bonos estenderase desde a súa descarga ata o 1 de xullo de 2024, salvo esgotamento previo do seu saldo. Cada bono terá un valor de 120 € e terá a consideración de bono desconto do 80 % da compra ou servizo adquirido.                                                                                                                                                                                                           www.bonodeporte.gal  

Axuda de traballo para menores de 30 anos

Imagen
  A Xunta de Galicia convoca o Plan Galicia Emprega de incentivos á contratación e á formación na empresa de, entre outros colectivos, persoas mozas menores de 30 anos. A liña de incentivos á contratación por conta allea inclúe catro modalidades de axudas: a) Incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas. b) Incentivos ao incremento de xornada das contratacións indefinidas, de tempo parcial a tempo completo. c) Incentivos ao incremento da duración anual dos contratos fixos-descontinuos a un mínimo de 9 meses. d) Axudas para a adaptación de postos de traballo de persoas con discapacidade. A liña de incentivos ás accións formativas no centro de traballo, de carácter opcional vai dirixida ás persoas contratadas mediante contratación indefinida inicial, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo. O incentivo á contratación dunha persoa moza será de 6.000 euros.