Entradas

Mostrando entradas de abril, 2024

O teu mellor verán

Imagen
  A xunta de Galicia ofrece a posibilidade de que a xuventude Galega empregue o seu tempo libre no verao participando nas actividades de educación non formal de carácter de ocio, cultural deportivo, formativo, etc. Para iso, cada ano preséntase a Campaña de Verán, unha iniciativa ambiciosa que non só é unha actividade de ocio para os mozos e mozas galegos, senon que tamén é un recurso de conciliación da vida familiar e laboral.  Na Campaña de Verán de 2024 da Xunta de Galicia oferta, duarnte os meses de xullo, agosto e setembro, as seguintes accións: Campamentos en Galicia. Campos de voluntariado en Galicia, noutras comunidades autónomas e no extranxeiro. Programas de intercambios  bilaterais con outras comunidades autónomas  

Inversión lingüstica en inglés

Imagen
  O Ministerio de educación convoca 216 axudas( 108 axudas para grupos de alumnos/as de 6º de educación primaria e 108 axudas para grupos de alumnos/as de 2º ESO) para participar nun Programa de Inmersión Lingüística en lingua inglesa durante o curso 2024/2025, realizado en dous períodos diferenciados no outono de 2024 e primavera de 2025. Ditas axudas cubrirán todos os gastos relacionados coa actividade desenvolvida no centro de inmersión sen incluír os gastos derivados do transporte, tanto de ida entre o centro educativo e as instalacións onde se realizará a inmersión como do seu regreso. Prazo 26 de abril de 2024.

Procare

Imagen
 A Universidade de Xaén propón unha iniciativa denominada Procare: prevención selectiva mediante unha intervención transdiagnóstica para adolescentes en risco de problemas emocionais. Este progama conta coa colaboración da Universitat Rovira i Virgili, Universidade Miguel Hernández e a Universidade de Miami, ten como obxectivo avaliar e identificar adolescentes con risco de sufrir problemas emocionais. Tamén proporciona estratexias psicolóxicas para fortalecer emocionalmente a os nosos adolescentes de entre (12-18 anos) Para máis información:  Iniciativa Procare: coñecer a saúde mental dos mozos (xunta.es)

Puntos laranxas

Imagen
Nestes puntos atoparás unha caixa, que funciona a modo de correo e a través dela poderás comunicar ou denunciar situacións de acoso escolar ou ciberacoso. Enlace Punto Laranxa